O importe das axudas concedidas estarán condicionadas á existencia de orzamento suficiente en cada anualidade, segundo os fondos que ten aprobados o GDR e que están recollidos no plan financeiro do programa.

Distinguirase entre proxectos produtivos e non produtivos, e dentro destes diferenciando os das entidades públicas locais por un lado e o resto de entidades por outro.

Así mesmo, os non produtivos ordenaranse por prioridades, primeiro os de prioridade alta, logo os de prioridade media e finalmente os de prioridade baixa.

​Neste período Leader a selección de proxectos faise en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos ordenaranse en función da súa puntuación e tendo en conta o límite de orzamento máximo dispoñible, que vén reflectido na asignación de fondos que fixo Agader a este GDR e que figura no Plan Financeiro de cada convocatoria. 

​No caso de empate da puntuación entre varios proxectos, terá prioridade aquel cuxo ítem “correspondencia cos eixos principais da Estratexia” obteña unha puntuación máis elevada. 

De persistir o empate primaría, polo orde que se citan, os seguintes criterios de desempate:

  1. Creación de emprego. Terá preferencia o proxecto con maior numero de empregos (en termos Uta)
  2. En caso de crear o mesmo emprego (ou non crealo) consideraríase o numero de empregos consolidados.
  3. Data de presentación da documentación completa da solicitude de axuda.

Aqueles proxectos, que tendo a puntuación suficiente para poder ser financiados e ICE verificado favorablemente por AGADER, non teñan dispoñibilidade orzamentaria suficiente para o seu financiamento, configurarán unha lista de agarda (ordeada de maior a menor prioridade e puntuación), e poderán ser tomados en consideración na anualidade seguinte (sempre e cando o solicititante o manifeste expresamente).