Criterios xerais
TERRITORIO ELEXIBLE
O ámbito territorial cuberto pola Intervenciión Leader no Marco do PE da PAC de Galicia 2023-2027 que xestiona a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) correspóndese coa totalidade do territorio dos concellos que configuran o ámbito de actuación desta asociación, en concreto: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, agás a entidade singular de poboación de Ordes (Unidade poboacional 091600)
REQUISITOS XERAIS
Estar localizados no ámbito de actuación elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR ASDECOMOR
Ser viables técnica, económica e financeiramente, para proxectos de natureza produtiva,e técnica e financeiramente, para os non produtivos.
Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.
Ser finalistas, é decir, que na data da xustificación final das inversións os gastos subvencionados cumplan os obxetivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría as comunidades de montes veciñais en mancomún e as súas mancomunidades
Entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
Requisitos:
Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Non estar incursos en ningún dos supostos establecidos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, e cumplir os requisitos de pequena empresa.
No caso de proxectos produtivos as personas beneficiarias limitaranse, coa excepción das entidades públicas locais, ás pequenas empresas
Tipoloxía de Proxectos Subvencionables
Serán subvencionable os proxectos que teñan encadramento na Estratexia de Desenvolvemento Local do GDR e sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas tipoloxías de investimentos subvencionables para operación en apoio a terceiras persoas nas fichas de elexibilidade recollidas no Capítulo II das Bases Reguladoras da Intervención Leader
Proxectos productivos. Importe máximo de axuda por proxecto = 120.000 € | |
Sector da producción agraria primaria (artigo 11 BB. RR.) | % máximo axuda: 50% |
Transfomación e comercialización de produtos agrarios (artigo 12 BB. RR.) | % máximo axuda: 50% |
Transfomación e comercialización de produtos forestais (artigo 13 BB. RR.) | % máximo axuda: 40% % mínimo axuda: 15% |
Creación, modernización e ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (artigo 14 BB. RR.) | % máximo axuda: 40% % mínimo axuda: 15% |
Bono activa Rural (artigo 15 BB. RR.) Posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais | Axuda a tanto global cun máximo de 18.000 euros |
Proxectos non productivos | |
1.- Prioridade alta. Importe máximo axuda por proxecto = 100.000 € | |
Servizos de igualdade e benestar á poboación | % máximo axuda: 90% |
Implantación de TICs no medio rural | |
Proxectos que preserven o Medio Ambiente, mitiguen o cambio climático ou reduzan emisións | |
Actuacións relacionadas coa mobilidade de terras ou con programas de actuación da AGADER (plans estratéxicos, actuacións integrais...) e aquelas outras ligadas a aldeas intelixentes (smart villages) | |
2.- Prioridade media. Importe máximo axuda por proxecto = 75.000 € | |
Actuacións de recuperación patrimonial, paixasística e etnográfica | % máximo axuda: 70% |
Centros de promoción de recursos Puntos de Información Turística. | |
Bibliotecas, Ludotecas, áreas recreativas, parques ou espazos de ocio, rutas de sendeirismo e similares. | |
Centros sociais (cun límite de 50.000 euros de axuda por proxecto) | |
3.- Prioridade baixa. Importe máximo axuda por proxecto = 50.000 € | |
Instalacións deportivas | % máximo axuda: 50% |
Sinalización de recursos turísticos | |
Participación en certames, feiras, edición de material ou eventos de difusión vinculados á valorización dos recursos do territorio. | |
Outros proxectos, que sendo subvencionables, non están recollidos como de prioridade alta ou media | |
Gastos-Investimentos Subvencionables
Están reflectidos no artigo 6 do Capítulo I das bases reguladoras das axudas para a execución de operación en apoio a terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_gl.pdf
Presentación Solicitudes de Axuda
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR701L)
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en a que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes