Estratexia de desenvolvemento local
A característica mais significativa desta Comarca é a súa ruralidade territorial e social, polo que o desenvolvemento rural cobra unha importancia específica para facer fronte os desequilibrios internos pola concentración do crecemento en áreas metropolitanas e o abandono, que sofre o resto do territorio. A loita contra a perda continua da poboación nos Concellos rurais, e a necesidade de recuperar actividades de altos valores naturais e culturais asociados, debe definir o eixo da estratexia. Para elo deben combinarse varios elementos que repercutan no crecemento económico e benestar social baseándonos na posta en valor dos recursos endóxenos preservándoos a longo prazo
Trátase de Implantar unha estratexia participada por parte da poboación que sitúe a nosa comarca como territorio para vivir, traballar e que:
Aposte polo mantemento e calidade de vida dos seus pobos e habitantes, reducindo o déficit de oportunidades das zonas rurais cos respecto do mundo urbano, atendendo á poboación máis desfavorecida ou en risco de exclusión e pola gobernanza.
Procure o dinamismo empresarial e a xeración de oportunidades de emprego, sustentado na multifuncionalidade económica coa consolidación de sectores tradicionais e a aposta por actividades que diversifiquen á economía rural
Posibilite o mantemento, conservación e recuperación do patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e medioambiental, a súa valoración e aproveitamento sostible.
Teña como retos transversais, a innovación, o medio ambiente, o cambio climático e a igualdade de oportunidades
A Estratexia de Desenvolvemento Local deste territorio afronta os seguintes retos prioritarios:
Creación de emprego, atendendo as necesidades dos sectores tradicionais agrícola, gandeiro e forestal, así como o apoio a PEMES noutras actividades para diversificar a economía rural, facilitando á formación, a innovación e aos emprendedores.
Utilización eficiente dos recursos naturais e o mantemento, conservación e recuperación, do patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e medioambiental e a súa valorización.
Mellora dos servizos públicos e da calidade de vida, que axude a diminuír o déficit de oportunidades respecto do medio urbano , con especial atención á poboación desfavorecida ou en risco de exclusión.
OBXECTIVOS
Delimítanse un obxectivo xeral para este territorio “Conectar, visibilizar e impulsar iniciativas de reequilibrio e rexeneración do territorio, que conflúan nunha estratexia acorde aos retos comunitarios presentes e futuros e que permita un desenvolvemento territorial integrando as políticas da UE nas zonas rurais”, 4 obxectivos específicos e 30 obxectivos operativos
Hai que ter en conta que non todos os obxectivos poderanse alcanzar plenamente coas limitacións (normativas, financeiras, etc.) que ten o Eixo Leader como ferramenta para afrontar as necesidades do medio rural. Se parte da premisa de que este programa (e por tanto a EDLP) é un instrumento que se suma a outros recursos e ferramentas doutros ámbitos nunha estratexia integrada que tamén contribuirán á consecución dos obxectivos expostos.
Obxectivos específicos
Gobernanza. Garantir a transparencia e a eficiencia na xestión
Social e comunitario. Mellora a calidade de vida e os servizos da comunidade
Dinamización e Diversificación económica. Impulsar a actividade produtiva e xerar novas dinámicas económicas
Patrimonio natural, arquitectónico e cultural. Posta en valor dos recursos propios
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Partindo do diagnóstico estratéxico da zona, e da análise de necesidades de obxectivos a conquerir, definimos os eixes estratéxicos vertebradores nos que se apoiará o proceso de desenvolvemento da Comarca, que podemos resumir nas seguintes liñas de actuación:
Aumento da competitividade e/ou diversificación do sector agroalimentario e forestal
Apoio á creación e consolidación do emprego, especialmente autónomos, pequenas empresas e empresas de economía social
Apoio ao sector turístico e ao canal HORECA
Aumento da competividade do sector terciario (comercio e servizos)
Accións dirixidas á garantir servizos suficientes e de calidade para a poboación da Comarca de Ordes
Inclusión social, conciliación e relación interxeneracionais
Conservación, recuperación e mellora dos valores culturais e patrimoniais do territorio
Recuperación e posta en valor do entorno natural
Medidas para minorar os impactos ambientales e climáticos. Economía circular, eficiencia enerxética e enerxías renovables
Formación e dixitalización
Gobernanza multinivel
ACCIÓNS ESPECÍFICAS
As liñas estratéxicas concrétanse nas seguintes accións máis específicas:
Investimentos en explotacións agrícolas, gandeiras e forestais
Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais
Creación e desenvolvemento de empresas industriais
Investimentos no sector turístico
Apoio ao comercio e servizos
Bono activa rural
Conservación e mellora do patrimonio natural
Infraestruturas, equipamentos e servizos para a calidade de vida
Investimentos en conservación, recuperación e mellora do patrimonio cultural, arquitectónico, ...
Descargas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes