Spacer
Proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local na Comarca.

Continuamos co proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local da nosa Comarca.

Onte os representantes das administracións locais do noso territorio (os 7 concellos e a Mancomunidade) implicáronse na análise e diagnóstico do contexto socieconómico da bisbarra.

Non cabe máis que agradecer aos representantes institucionais a súa participación neste foro de debate, así como as súas interesantes achegas.

Con carácter previo a esta xuntanza, o xerente do GDR mantivo unha xuntanza cos representantes da empresa encargada de coordinar o plan participativo para facer un seguimento do mesmo