Spacer
Segue a implicación social no proceso participativo da elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local

Segue a implicación social no proceso participativo da elaboración da Estratexia de Desenvolvemento da nosa Comarca para o período 2023-2027.

O venres 25 as 13:00 horas os axentes de emprego e os orientadores laborais do territorio de actuación do noso GDR, participaron na mesa de economía e emprendemento analizando a situación actual e as perspectivas de futuro dos nosos sectores económicos.

O noso máis sincero agradecemento polo seu esforzó e implicación no deseño do futuro do territorio.

Pola tarde continuamos coas mesas participativas para a elaboración da estratexia. As 20:00 horas, os axentes sociais representativos das entidades de mulleres, xuventude e medioambientais examinaron o presente de cada unha das súas áreas de actuación, así como as posibilidades de mellora no período pretérito.

Graciñas a tod@s, xa que o seu esforzo redundará nun mellor futuro para os habitantes de Comarca.