CONVOCATORIA REUNION ORDINARIA XUNTA DIRECTIVA
Compartir:
Convocatoria da reunión ordinaria da Xunta Directiva que terá lugar o vindeiro xoves, 8 de xullo de 2010 as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, na sede da Asociación, sita na Rúa Galicia s/n (Oficina Comarcal Xunta de Galicia) da localidade de Ordes.
A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
•1. Aprobación, se procede, da acta anterior (03/05/10).
•2. Programa Leader Galicia 2007-2013.
- 2.1. Selección/non selección de proxectos validados/non validados por AGADER. Acordos que procedan.
- 2.2. Baixas, desistencias e renuncias de expedientes. Acordos que procedan.
- 2.3. Informacion de novos proxectos presentados.
- 2.4. Aprovacion do proxecto de cooperacion "Brotes verdes" (Novos Horizontes) por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino: Acordos que procedan.
•3. Informes da presidencia
- 3.1. Paxina web da Asociacion (www.asdecomor.com)
- 3.2. Proxecto de Promoción turística da Comarca de Ordes.
•4. Rogos e preguntas.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes