"O CAMIÑO QUE NOS UNE” Continúan as andainas nos Concellos de Cerceda, Frades e Mesia.
O PASADO FIN DE SEMANA O PROXECTO “O CAMIÑO QUE NOS UNE” CONTINUOU COAS ANDAINAS NOS CONCELLOS DE CERCEDA, FRADES E MESÍA
O venres 15 visitamos as Brañas de Valga en Mesía, onde puidemos asistir a unha visita guiada ao Centro de Interpretación das Brañas da Valga, para posteriormente gozar dunha andaina polo súa preciosa contorna e dunha degustación de produtos locais. Rematamos a xornada deleitándonos coa música de suaves compases de Emilio Rúa.
O sábado 16 de outubro, comezamos a xornada as 11:00 da mañá na parroquia de Galegos no Concello de Frades, onde nos enchemos de natureza percorrendo a fraga do Petón e o paso do Outeiro e rematamos visitando o Pazo de Galegos. Continuamos pola tarde no Concello de Cerceda, paseando ao carón do rio Cabancos e chegando a través da Via Verde ata ao albergue municipal de Queixas.
Ambas andainas remataron coa actuación do grupo “Laroá” que interpretou as cancións do seu último disco.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes