"TURISMO DA COMARCA DE ORDES"
Dende a Mancomunidade de Ordes coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, poñense en marha unhas xornadas formativas orientadas ao sector empresarial e ao sector produtivo. Se estás interesado, non dubides en anotarte.
INSCRICIÓN GRATUITA
Envíanos un correo co teu nome e apelidos a [email protected] ou chámanos ao teléfono 618 004 110
Estas son as xornadas previstas para a vindeira semana:
LUNS, 21 DE DECECEMBRO. DE 19H A 21H
- Atención á clientela por whatsapp business. Impartido por Alberto Falcón.
MARTES, 22 DE DECEMBRO. DE 19H A 21H
- Impactic. Internet para a miña empresa, paso a paso. Impartido por Manuel Pan.
MÉRCORES, 23 DE DECEMBRO. DE 18H A 20H
Preparación de produtos do campo para a súa venda. Impartido por Miguel Silvarredonda.
Estas accións serán postas en marcha coa idea de axudar ás empresas da nosa comarca a tentar prepararse para a nova realidade empresarial. Tanto a Mancomunidade como a Deputación da Coruña, que apoia este proxecto, queren animar a todas as empresas e entidades da comarca a aproveitar esta oportunidade.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes