A Asemblea Xeral, de Asdecomor, aprobou a modificación da súa estratexia de Desenvolvemento Local para dar cabida a proxectos vinculados coa recuperación de terras agrarias.
Compartir:
A Asemblea Xeral da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, reunida o mércores 7 de abril, aprobou unha modificación da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo e dos criterios de selección de proxectos, para dar cabida a proxectos vinculados á recuperación de terras agrarias.
Na mesma xuntanza, aprobáronse tamén as contas anuais do exercicio 2020 e o orzamento do ano 2021, e elixíronse os membros que conformarán á Xunta Directiva para os próximos catro anos.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes