A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia estrea nova web

Compartir:

A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia estrea unha nova web.

A nova web conta cun deseño actualizado, atractivo, visual e claro que asegura unha navegación doada, sinxela e intuitiva entre os distintos apartados. Nela atoparás toda a información sobre a propia asociación e os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia, entidades de natureza asociativa sen ánimo de lucro que deseñan e aplican unha estratexia de desenvolvemento local participativa para a xestión e aplicación do programa Leader impulsado pola Unión Europea en cada un dos seus territorios.

Un mapa de Galicia interactivo levará ao usuario ou usuaria directamente á información actualizada de cada un dos GDR, dende os concellos que o conforman e a súa situación no territorio galego ata a súa web, redes sociais ou diferentes medios de contacto.

Para mais informacion, adxuntamos enlace a mesma:  https://agdr.gal/

 

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes