A BISBARRA DE ORDES COOPERA CON OUTROS ONCE TERRITORIOS
O Grupo de Desenvolvemento Rural (G.D.R.) "ASDECOMOR" asinará un convenio de cooperación con outros once territorios (9 galegos e 2 asturianos) para a execuciòn do proxecto "Nuevos Horizontes" que ten como obxectivo impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados.
http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/
O acto formal da sinatura do convenio realizarase o próximo venres 8 de abril de 2011 ás 13:00 horas no Hotel Barreiro da localidade de Ordes e protagonizarano o Presidente de Asdecomor, Mariano Igresias Castro e os representantes legais dos outros once grupos implicados. Posteriormente celebrarase unha comida de confraternización e intercambio de experiencias.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes