A representación teatral “Os nenos da varíola” enche a Casa de Cultura de Ordes
A representación teatral “Os nenos da varíola” enche a Casa de Cultura de Ordes para homenaxear a Isabel Zendal, filla predilecta do Concello de Ordes.
A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, coincidindo co dia internacional da muller, promoveu a exaltación da figura de Isabel Zendal, a través dunha magnifica interpretación teatral da adaptación da novela de Maria Casar.
Esta representación enmárcase nun proxecto de promoción de mulleres sobresaíntes da Comarca de Ordes, que está a desenvolver a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes.
Presentaron a actuación, Dona Susana García Gómez - Presidenta da Mancomunidade de Ordes, D. Mariano Iglesias Castro – Presidente do GDR ASDECOMOR e D. Javier Blanco Carballal – Subdirector Xeral de Relacións cos GDR de AGADER.
Entre o numeroso público atopábanse varios alcaldes e membros das distintas corporacións municipais da nosa Bisbarra, representantes da Asociación Isabel Zendal, encabezada pola súa Presidenta Dona Pilar Farjas, así como un elevado número de mozos e mozas.
Durante 55 minutos os asistentes desfrutaron da sobresaínte actuación de Victoria Pérez, Isa Risco, Manu Fernández e Xosé Leis, que provocaron nos asistentes risas e bágoas por igual. Lembrar a Isabel Zendal, foi a humilde contribución do noso GDR no Día Internacional da Muller, no noso compromiso constante pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes