Acordos da Xunta Directiva celebrada o 10 de marzo.
A Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, reunida o xoves 10 de marzo, adoptou por unanimidade os seguintes acordos:
• Aprobar as contas anuais do exercicio 2021 e o orzamento do ano 2022 (134.958,25 €)
• Aprobación dos gastos en custes correntes (121.550,00 euros) e animación (13.358,25 €) do ano 2022
• Organización do Congreso Internacional “Necesidades y Derechos de la infancia”
• Participación no proxecto Interritmos que pretende apoiar as capacidades de creación local no eido da música tradicional e de raíz
• Solicitar da AGADER información ao respecto da convocatoria de axudas da submedida 19.2 para os anos 2022 e 2023 (prazos e importe)
• Enviar a AGADER propostas para a modificación das bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a entidades colaboradoras na medida LEADER 2023-2027
• Establecer unha cota social de 1.000 euros para cada un dos Concellos que forma parte do GDR
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes