ACORDOS REUNION PROXECTO NOVOS HORIZONTES
O pasado 25 de maio tivo lugar na sede do Grupo Asociación Desenvolvemento Comarca de Ordes unha reunión do Proxecto de Cooperación Nuevos Horizontes.
Os grupos socios acordaron:
1. Adhesión o proxecto do GDR Costa da Morte.
2. Colocación, nas fincas piloto dun panel informativo figurando a frase "Parcela demostrativa".
3. Con relación o estado de situación do proxecto, informase das xestións realizadas para o bo desenrolo do mesmo, en concreto:
- Constitución dun aval formalizándose o 15 de abril de 2011 por importe de 60.500,00 euros.
- Solicitude de anticipo o MARM, realizado o 29 de abril de 2011.
- Remisión o 12 de maio o MARM do Convenio e Anexo II do Proxecto. Estase a espera do visto bo dos mesmos.
4. Acordase que o grupo coordinador solicite autorización o Ministerio para a modificación das cantidades destinadas a Asistencia Técnica Preparatoria e a Execución do proxecto.
Os grupos expuxeron as actuacións levadas a cabo o longo deste ano.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes