ACORDOS REUNION XUNTA DIRECTIVA
Compartir:
O mércores 23 de marzo tivo lugar na sede do grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Ordes unha reunión ordinaria da Xunta Directiva na que, entre outros, adoptáronse os seguintes acordos:
- Aprobación da conta de resultados do exercicio 2010.
- Aprobación do orzamento para o exercicio 2011.
- Selección dos seguintes proxectos para a súa subvencionalidade:
- Adquisición de maquinaria para modernización de empresa téxtil en Pontecarreira (Frades).
- Construción de Residencia Canina no Concello de Trazo.
- Ampliación de obradoiro de pan en Oroso.
- Modernización de empresa de carpintería de madeira en Mesía.
- Solicitar a adhesión como socios nos seguintes proxectos de cooperación:
- a. Agro Res.
- b. Calidade Agroalimentaria.
- c. Papel da muller rural nos procesos de desenvolvemento territorial.
- d. Indicativos do desenvolvemento rural territorial.
- e. Xovenes rurais.
- f. Os axentes locais como motores dos procesos de desenvolvemento sostible dos territorios.
- g. Innovación nas Micropemes rurais.
No decurso da reunión douse conta ademais dos seguintes temas:
- Estado actual do proxecto de cooperación interterritorial "Nuevos Horizontes".
- Visita do "Grupo de Acción y Desarrollo Rural de Antequera".
- Participación como entidade colaboradora da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) no proxecto piloto BIOES2 da Rede Rural Nacional.
- Aplicación da Lei de Desenvolvemento Sostible na Comarca de Ordes: Consello e Plan de Zona e posibles actuacións.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes