Acordos Xunta Directiva
A Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, reunida o xoves 8 de xullo, aprobou a proposta de selección de proxectos non produtivos promovidos polos Concellos da nosa Bisbarra. En concreto, nesta tipoloxía os proxectos que se pretenden subvencionar na convocatoria 2021-2022 son:
|
Título |
Promotor |
Orzamento aceptado |
Porcentaxe de axuda |
Axuda total |
Puntuación baremo |
|
Obras de acondicionamento do entorno das Brañas da Valga |
Concello de Mesía |
28.579,50 € |
83,54% |
23.172,75 € |
53,00 |
|
Instalación de 5 parques biosaudables |
Concello de Frades |
32.782,53 € |
61,64% |
20.207,15 € |
48,00 |
|
Acondicionamento interior do edificio municipal de Xesteda |
Concello de Cerceda |
131.658,90 € |
60,50% |
40.000,00 € |
45,00 |
|
Rehabilitación do local social de Mercurín |
Concello de Ordes |
48.397,50 € |
58,98% |
23.172,75 € |
41,00 |
|
|
TOTAIS |
241.418,43 € |
|
106.552,65 € |
|
Asemade, acordouse empregar a remanente de fondos dos proxectos non produtivos para o financiamento de proxectos produtivos. Finalmente, a Xunta Directiva acordou por unanimidade, adherirse á Rede de Dinamización Lingüística, dependente da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes