COMUNICACION APERTURA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS LEADER.

Compartir:

Comunicación de apertura de nova convocatoria de axudas no marco do Programa LEADER 2007-2013

Ambito de actuación: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Axudas dirixidas a proxectos empresariais ou sen ánimo de lucro, que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación, segundo se recolle na estratexia aprobada polo Grupo.

A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (Asdecomor); na súa reunión do 20 de marzo de 2014, acordou abrir o prazo para presentar axudas ó abeiro do novo marco financeiro do Programa LEADER 2007-2013, prazo que abrangue dende o 24 de marzo de 2014 ata o 31 de marzo de 2015 ou esgotamento dos fondos dispoñibles.

Os importes dispoñibles por anualidades son os seguintes:

2014: 605.610, 12 euros

2015: 742.305, 10 euros

Non obstante, cabe advertir que estes importes veranse diminuídos polas axudas outorgadas ós proxectos que quedaron pendentes de resolución na convocatoria anterior.

Máis información:

Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes

Oficina Comarcal da Xunta de Galicia - Rúa de Galicia s/n

15680 Ordes (A Coruña)

Teléfonos: 981 697 832 / 669 138 252

E mail: [email protected]

 

http://agader.xunta.es/EixoLeader.do

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes