CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS
O vindeiro mercores 29 de novembro, as 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria, terá lugar na sede da Asociación, sita na Oficina Comarcal da Xunta da Rúa de Galicia s/n, unha reunión ordinaria da Asemblea Xeral de Socios.
A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede, da acta anterior (15/06/2016).
2. Ratificación, se procede, da aprobación da conta de Perdas e Ganancias.(liquidación de contas) do exercicio 2016
3. Ratificación, se procede, da aprobación do orzamento do exercicio 2017.
4. Informe sobre proxectos da medida Leader 2014-2020
5. Pólizas de crédito e anticipos. Acordos que procedan
6. Rogos e preguntas.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes