CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL SOCIOS
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
O vindeiro mercores 18 de decembro, as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, terá lugar na sede da Asociación, unha reunión ordinaria da Asemblea Xeral de Socios.
A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede, da acta anterior (27/06/2018).
2. Ratificación, se procede, da aprobación da conta de Perdas e Ganancias.(liquidación de contas) do exercicio 2018
3. Ratificación, se procede, da aprobación do orzamento do exercicio 2019.
4. Ratificación, se procede, do informe anual de avaliacion e seguimento da EDLP
5. Prevision de custes correntes e expedientes de animacion para o ano 2020. Acordos que procedan
6. Cambio de representantes dos Concellos de Cerceda, Oroso, Tordoia e Trazo na Xunta Directiva.
7. Estado de execucion do Leader a 28 de novembro de 2019.
8. Outros: Xuntanzas co conselleiro de Medio Rural, remate de convocatorias de fondos Leader, "Murmurios de Silencio", video da Comarca a vista de Dron
5. Rogos e preguntas.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes