CONVOCATORIA REUNION ORDINARIA XUNTA DIRECTIVA
O vindeiro martes 8 de maio, as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 horas en segunda convocatoria, terá lugar na sede da Asociación, sita na Oficina Comarcal da Xunta da Rúa de Galicia s/n, unha reunión ordinaria da Xunta Directiva.
A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede da acta anterior (21/12/2011)
2. Aprobación, se procede da liquidación de orzamento, conta de resultados e balance do exercicio 2011.
3. Aprobación, se procede do orzamento para o exercicio 2012.
4. Proxectos Leader. Acordos que se procedan
4.1 Selección / Non selección de proxectos validados / non validados por AGADER.
4.2 Información de novos proxectos presentados.
5. Constitución de aval bancario para poder solicitar o anticipo da anualidade do ano 2012 do proxecto Nuevos Horizontes. Acordos que se procedan.
6. Rogos e preguntas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes