Convocatoria Xunta Directiva
O vindeiro XOVES 10 de marzo, as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, terá lugar na sede da Asociacion, unha reunión ordinaria da Xunta Directiva de Socios.
A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:
1. Aprobacion, se procede, da acta anterior (28/07/2021)
2. Aprobacion, se procede, da conta de perdas e ganancias do exercicio 2021
3. Aprobacion, se procede, do orzamento do ano 2022
4. Medida Leader 2014-2020. Acordos que procedan.
- Prevision de custes correntes do ano 2022
- Animación: Congreso internacional "Necesidad y derechos de la infancia" continuidade "O camiño que nos une"
- Traballo en rede: Proxecto Interitmos e Turismo Sacro
- Proxecto de cooperación "Museos Vivos"
- Suspensión da convocatoria medida 19.2 (2022-2023) prevista inicialmente para decembro de 2021.
- Borrador de bases para a selección de organizacións candidatas a entidades colaboradoras de Agader na Medida Leader 2023-2027.
- Proposta de fondos Leader periodo 2023-2028.
5. Proposta de establecemento de cota aos concellos socios.
6. Regularizacion do censo de socios.
7. Rogos e preguntas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes