Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos
A Fundación Juana de Vega promove do 18 ao 20 de maio coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS” impartido por José Ramón Porto (Director de Pe- Marketing e profesor de Marketing dixital na USC e na University College de Dublin) e Xosé Teiga (experto en creación de marca, packaging e comunicación).
Obxectivos:
• Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
• Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
• Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
Inscrición de balde con prazas limitadas!
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes