I ENCONTRO DE REDES DE DESENVOLVEMENTO RURAL E GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL
O GDR “ASDECOMOR” participou no primeiro encontro das Redes de Desenvolvemento Rural e os Grupos de Acción Local de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, celebrado en Oviedo, que culminou coa creación dunha fronte común contra o despoboamento no medio rural.
Tanto Secundino Caso, presidente da Rede de Desenvolvemento Rural de España, como Belarmino Fernández, presidente da Rede asturiana, expresaron a súa preocupación polo futuro dos programas “Leader”, que financian numerosos proxectos innovadores no campo, e que encaran un novo marco de xestión a partir de 2020.
A conselleira de Recursos Naturais do Principado, María Jesús Álvarez, fixo un chamamento ao fomento do emprego rural entre mulleres e novas.
O especialista en Desenvolvemento Rural Jaime Izquierdo insistiu na necesidade de empezar a facer as cousas doutro xeito. “Hai que axitar”, indicou.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes