O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
O sábado tivo lugar en Ordes unha xornada contra a violencia de xénero organizada polo GDR da Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Mancomunidade de Ordes, e que contou coa colaboración e o financiamento da Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Emprego e Igualdade e de Medio Rural, así como do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A xornada comezou cunha andaina contra a violencia de xénero que percorreu o tramo do camiño inglés que une Buscás con Poulo ao seu paso polo Concello de Ordes, na que participaron ao redor de 70 persoas de todalas idades que representaban aos 7 concellos da nosa Comarca.
De seguido, proxectouse no Museo do Traxe de Ordes o documental “Murmurios de Silencio”, no que 10 mulleres da nosa contorna. Os actos remataron coa lectura dun manifesto conxunto contra a violencia de xénero, de xeito simultáneo cos outros 23 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da nosa Comunidade Autónoma, e unha conexión online co resto de GDR.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes