OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA XÚNTANSE PARA FACER BALANCE DO ANO 2018 E ESTABLECER NOVAS LIÑAS DE ACTUACIÓN
OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA XÚNTANSE PARA FACER BALANCE DO ANO 2018 E ESTABLECER NOVAS LIÑAS DE ACTUACIÓN
Os equipos técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, mantiveron unha xuntanza en Antas do Ulla para analizar o nivel de execución da medida Leader no ano 2018 e identificar novas liñas de mellora e impulso para o ano 2019.
Ao respecto do ano 2018 o grao de execución da medida Leader supera o 90 % sobre os fondos previstos inicialmente, sendo unha das medidas con maior grao de execución anual do PDR de Galicia 2014-2020.
As liñas de traballo que se propoñen para o ano 2019 no marco da Asociación de GDR de Galicia serían:
Actuacións de difusión e comunicación das actividades dos GDR, facendo públicos os resultados acadados polos GDR no eido do desenvolvemento Rural (publicación de resultados, mellora das ferramentas web, campañas de promoción en prensa, radio e televisión, etc)
- Colaborar na organización do Evento Leader 2019.
- Sentar as bases para a realización dos I Premios Leader de Galicia
- Desenvolvemento de intercambio de experiencias con outras CC.AA.
- Fortalecemento e capacitación dos equipos técnicos dos GDR e establecer mecanismos de cooperación entre eles.
- Aproveitamento, de mútuo acordo coas distintas distintas administracións, para que os GDR sexan un eslabón nas relacións entre as administracións e os administrados.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes