Participacion na Feira de Turismo de Interior (Intur)

Compartir:

O GDR ASDECOMOR estivo presente na Feira de Turismo de Interior (Intur) celebrada en Valladolid o 19 e o 20 de novembro de 2021 no marco da participación do proxecto de cooperación transnacional “Museos Vivos” Contouse cun stand propio e entre as actividades desenvolvidas destacamos a presentación da rede de museos que forman parte de “Museos Vivos” e a degustación de produtos locais de cada un dos territorios que conforman os grupos participantes.

Da comarca de Ordes leváronse para a degustación iogures e queixo ecolóxico, empanadas e muffins elaborados por empresas da nosa Bisbarra..

Asemade, aproveitouse para manter unha xuntanza de seguimento do proxecto na que se planearon posibles actuacións de divulgación a realizar no decurso do ano 2022 (presenza en Fitur en xaneiro e na feira de Praga na república Checa en Marzo)

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes