Premios ao Desenvolvemento Rural

Compartir:

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta tarde en Sarria a entrega de galardóns aos gañadores da 12ª edición dos premios ao Desenvolvemento Rural que promove a Xunta.

Dende o grupo Asdecomor acudiu o seu presidente, Mariano Iglesias Castro e o Xerente do grupo, Domingo Lojo Caamaño.

A relación dos galardoados nesta 12ª edición, nas diferentes categorías, é a seguinte:

- Categoría de mocidade, aloxamento Abeiro da Loba, situado no Camiño Norte a Santiago.

- Categoría de Paisaxe rural, á cooperativa de carne A Carqueixa.

- Proxectos de interese social, neste caso a gañadora foi a asociación Ámbar.

- Eido do Turismo, o galardón deste ano foi para o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas Betanzos, pola súa xestión da reserva da biosfera Mariñas coruñesas e terras do Mandeo.

- Sector agrogandeiro a contribución da Federación Razas Autoctonas - Boaga, recoñecida pola defensa e potenciación das razas gandeiras autóctonas galegas en perigo de extinción.

- Categoría de Recuperación e posta en valor da terra agraria, o recoñecemento a Dolores Vázquez Carballés, produtora de carne de vacún amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega Suprema.

- Categoría de Innovación tecnolóxica, o galardón nesta edición foi para Innogando.

- Categoría de Mulleres, recaeu nas cinco promotoras da empresa de cosmética natural Muuhlloa.

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes