PRESENTACION DO PROXECTO DA REDE RURAL NACIONAL BIOES2.
O obxectivo estratéxico de BIOES é avaliar e valorar de forma obxectiva a achega que os territorios rurais fan as zonas mais desfavorecidas das rexións, co fin de provocar un cambio de paradigma acerca do valor do medio rural.
A unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, en colaboración coa Fundación Intercoop (Castellon-Valencia) e as Universidades de Valencia, Madrid e Vigo pretenden, con este proxecto, desenvolver unha ferramenta, un sistema, e/ou un método científico contrastado para determinar as achegas económicas e sociais que fai un territorio rural ás zonas desenvolvidas, de forma que o seu papel sexa mais valorado económica, social e politicamente.
Desde AGACA, conxuntamente co Grupo de Desenvolvemento Rural ASDECOMOR, convocámolo para o vindeiro luns 14 de febreiro, no Restaurante O Túnel de Ordes a presentación do Proxecto BIOES2.
Os puntos da orde do día son os seguintes:
10h30 Situación do Proxecto BIOES2: actuacións realizadas en 2010.
11h Descrición da comarca a valorar
- Descrición do medio: físico, biótico (fauna, flora); socioeconómico.
- Figuras de protección da zona (ZEPAS, LICs, Micro-reservas. Aspectos clave
11h45 Descrición da Metodoloxía que se vai utilizar para a valoración.
12h45 Opinión de expertos do territorio.
13h45 Petiscos con viño galego.
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes