REPARTO DE 7,3 MILLÓNS DE EUROS ENTRE OS 24 GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA PARA OS ANOS 2021 E 2022
A Xunta repartirá un total de 7,3 millóns de euros entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia, co fin de garantir a continuidade da súa actividade durante os anos 2021 e 2022.
Trátase de que con estas achegas poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader
Estes fondos permitirán darlle cobertura financeira aos GDR para que poidan dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para desempeñar as súas funcións de dinamización territorial
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes