REPRESENTANTES DO GDR21 ASDECOMOR, VISITAN A REPUBLICA CHECA PARA PROMOCIONAR A NOSA COMARCA.
A vicepresidenta e dous vogais do GDR ASDECOMOR desprazáronse esta semana a Praga para asistir á Feira Internacional de Turismo de Praga, no marco do proxecto de cooperación transnacional “Museos Vivos”.
A comarca de Ordes estivo presente na feira internacional de turismo de Praga a través do proxecto de cooperación transnacional “Museos Vivos” no que participa o GDR ASDECOMOR. Á capital chega desprazáronse a vicecepresidenta e dous vogais do GDR.
“Museos Vivos” é un proxecto de cooperación no que participan 18 Grupos de Desenvolvemento Rural de toda España e un da República Checa. Tres dos participantes son de Galicia, xa que ao noso GDR súmanse os de Ribeira Sacra Courel e A Limia Arnoia.
O seu obxectivo e promocionar a rede museística propia destes territorios, e dotar a algúns museos de dispositivos electrónicos de apertura e visita guiada de xeito automatizado, con cita previa (mais info en www.museosvivos.com). Esta fórmula permite a apertura do museo polo propio visitante, tras solicitalo a través dunha web e recibir un código que da acceso ao inmoble, que así pode manterse activo, aínda sen persoal presente.
O proxecto, financiado con fondos FEADER na convocatoria realizada pola AGADER está en execución no presente ano 2022, e no caso concreto da nosa comarca, permitirá a implantación deste dispositivo no centro de interpretación das Brañas de Valga en Mesía.
A Feira Internacional de Turismo HOLIDAY WORLD & REGION WORLD é o evento máis importante deste tipo non só na República Checa, senón tamén na rexión de Europa Central. A cita xunta a países europeos que son destinos turísticos tradicionais, así como destinos afastados como América, Asia ou África. En Praga preséntase un vídeo promocional, que será exposto despois na comarca.
As rexións e comarcas participantes na feira expoñen as xoias museísticas en todo o seu esplendor, así como o emprego de novas tecnoloxías.
Para mais info: Domingo M Lojo Caamaño (Xerente do GDR Asdecomor. Tfno : 669 138 252)
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes