Reunion de traballo entre GDRs.
Onte tivo lugar na sede do GDR4- ADR Comarca de Lugo, no Concello de Friol, a primeira reunión de traballo en rede na que participaron os Grupos de Desenvolvemento Rural a Asociación Deloa, GDR Ribeira Sacra-Courel, GDR Asdecomor, GDR Salnés Ulla Umia, o GDR Comarca de Lugo e a Fundación Paideia Galiza.
Acordamos traballar nunha nova edición de Interritmos Sons do Rural e tamén nunha segunda edición do Coworking de Emprendemento Cultural, dado o éxito da primeira, e para o que contaremos co apoio da Fundación Paideia Galiza e a EOI.
Ademais puxemos o xerme para comezar a traballar noutros proxectos dos que vos iremos informando. Estade atentos ás nosas redes!!! #musicatradicional #desarrolloterrritorial #DesenvolvementoRural #AGADER #LEADER #musicagalega #traballoenrede
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes