Reunión ordinaria da Asemblea Xeral de socios
O vindeiro mércores 15 de xuño de 2022, as 19:45 horas en primeira convocatoria e as 20:15 horas en segunda convocatoria, no Museo do Traxe de Ordes, terá lugar unha reunión ordinaria da Asemblea Xeral de socios da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes.
A orde do día é a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede, das actas anteriores (07/04/2021)
2. Aprobación, se procede, da conta de Perdas e Ganancias (liquidación de contas) do exercicio 2021
3. Aprobación, se procede, do orzamento e dos custes correntes da anualidade 2022.
4. Aprobación, se procede, do informe de execución da medida LEADER do ano 2021.
5. Proposta de cota social a Concellos. Acordos que procedan
6. Leader: Acordos que procedan
6.1. Selección de entidades candidatas e estratexias medida LEADER 2023/2027
6.2. Aprobación informe anual de avaliación e seguimento da EDL
6.3. Convocatorias 2022/23: submedida 19.2 e cooperación
6.4. Retraso nos pagos. Dificultades de tesoureria
7. Elección de 2 novos/as integrantes da Xunta Directiva
8. Renovación e ampliación da póliza de crédito. Acordos que procedan.
9. Rogos e preguntas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes