REUNION ORDINARIA DA XUNTA DIRECTIVA

Compartir:

O vindeiro xoves 20 de marzo de 2014 as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, na sede da Asociación, sita na Oficina Comarcal da Xunta de Galicia da Rúa Galicia s/n, terá lugar unha reunión ordinaria da Xunta Directiva


A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:


1. Aprobación, se procede, da acta anterior (19/12/2013).


2. Aprobación, se procede, da liquidación de orzamento e da conta de resultados do exercicio 2013.


3. Aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2014.


4. Programa Leader 2007 -2013. Acordos que procedan.


4.1 Apertura de nova convocatoria de axudas. Acordos que procedan.


4.2 Ratificación de propostas de resolución efectuadas na anterior convocatoria de axudas pendentes de resolución (Expedientes 0056, 0057, 0059, 0062, 0063, 0065, 0067, 0079)


4.3 Selección/non selección de proxectos verificados por AGADER


4.4 Renuncias (0048 e 0071) e solicitudes de aprazamento de resolución (0062). Acordos que procedan.


4.5 Informe sobre o expediente 0069 promovido por Fresno Metal, SL. Acordos que procedan.


5. Renovación de póliza de crédito para a xestión do Programa Leader 2007-2013. Acordos que procedan.


6. Cambio de representante da Excma. Deputación Provincial de A Coruña e ratificación do cargo de Secretario da Asociación. Acordos que procedan.


7. Rogos e preguntas.

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes