REUNION ORDINARIA XUNTA DIRECTIVA
O vindeiro xoves 15 de maio de 2014 as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 horas en segunda, terá lugar unha reunión ordinaria da Xunta Directiva, na seda da Asociación Desenvolvemento Comarca de Ordes.
A orde do dia da devandita reunión e a que de seguido se expón:
1. Aprobación, se procede da acta anterior (20/03/2014)
2. Altas e baixas de socios. Acordos que procedan
3. Programa Leader Galicia 2007-2013
3.1 Aprobación, se procede, do traspaso de fondos da medida 412 á 413
3.2 Selección/non selección de proxectos verificados por AGADER. Acordos que procedan.
3.3 Baixas e arquivos de expedientes (0083, 0084 e 0085) Acordos que procedan
3.4 Información sobre novos expedientes presentados
3.5 Informe sobre o expediente 0069 promovido por Fresno Metal,SL (Cambio de situación sen previo aviso)
3.6 Promoción territorial. Edición de libro dos Bolechas. Acordos que procedan
4.Rogos e preguntas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes