REUNION ORDINARIA XUNTA DIRECTIVA

Compartir:

 

O vindeiro mércores 23 de marzo de 2011 as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, celebrarase  unha reunión ordinaria da Xunta Directiva que tera lugar  na sede da Asociación, sita na Rúa Galicia s/n.

A orde do día da devandita reunión é a que de seguido se expón:

Aprobación, se procede, da acta anterior (11/11/2010).

Aprobación, se procede, da conta de resultados (liquidación do orzamento) do exercicio 2010.

Aprobación, se procede, do orzamento para o ano 2011.

Programa Leader 2007 - 2013. Acordos que procedan.

  • Selección / Non selección de proxectos validados/non validados por AGADER.
  • Información de novos proxectos presentados.

Proxectos de cooperación. Acordos que procedan.

  • Nuevos Horizontes
  • Solicitude de participación en proxectos da Rede Estatal de Desenvolvemento Rural (REDER).

Informes da Presidencia

  • Visita do "Grupo de Acción y Desarrollo Local de Antequera".
  • Lei de Desenvolvemento Sostible e a súa aplicación na Comarca. Consello e Plan de Zona.
  • Proxecto Bioes2 en colaboración con AGACA.

Rogos e preguntas.

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes