XORNADA SOBRE A LEI DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DO MEDIO RURAL.

Compartir:

O día 28 de Abril terá lugar na sede da UNED en Lalín ás 10:00 horas (polígono industrial Lalín 2000, rúa E);  unha xornada sobre a Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.

O obxectivo da xornada é acadar un mellor coñecemento da Lei 45/2007 de 13 de decembro elaborada polo goberno central,  así como da súa aplicación en Galicia por medio do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014 (PDRS); actualmente en marcha en todas as zonas de Galicia.

O programa da xornada é o seguinte:

10:15 horas                     Presentación da xornada.

15:15 a 11:00 horas          A Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, expectativas e funcionamento.

11:00 a 11:30 horas         A Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, a súa aplicación en Galicia

11:30 a 12:00 horas         Pausa café.

12:00 a 13:30 horas         Mesa Redonda: a aplicación en España e o caso galego.

Para máis información póñanse en contacto coa Asociación de GDRs de Galicia por medio do correo electrónico: [email protected], ou ben por teléfono: 981 673 574.

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes