Xuntanza en Ribeira Sacra
O Presidente e o Xerente da Asociación da ASDECOMOR, desprazáronse os días 15 e 16 de xullo ata a Ribeira Sacra, para manter unha xuntanza no marco da participación dun proxecto de cooperación transnacional sobre o Turismo Sacro, no que participan os seguintes Grupos de Desenvolvemento Rural:
• Asocciatión “Community Parthership of Rezekne District” – Rëzekne – Letonia
• ADRI Valladolid Norte – Villalón de Campos – Valladolid – España
• ADECOAR – Lerma – Burgos – España
• AGALSA – Pineda de la sierra – Burgos – España
• APROVERDI – Cañamero – Cáceres – España
• AIDESCOM – Sta. Mª Real la Nieva – Segovia – España
• RIBEIRA SACRA – COUREL – Bóveda – Lugo - España
• ASDECOMOR – Ordes – A Coruña – España
Nestes dous días definíronse as accións a executar, tanto en España como en Letonia, así como o cronograma das mesmas. Asemade, visitamos distintos proxectos e lugares relacionados co Turismo na Ribeira Sacra.
Non podemos esquecer agradecer a Martin, xerente do grupo anfitrión o trato recibido
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes